Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo IEEE

Guía do estilo IEEE

A listaxe de referencias

As referencias incluídas no texto preséntase ao final do documento co título de "Referencias" ("References" se se redacta en inglés) e seguindo estas pautas:

  • Os números das referencias van entre corchetes na marxe esquerda formando unha columna propia, de xeito que o texto de cada referencia leva unha sangría para que a secuencia numérica sexa máis evidente.
  • As referencias ordénanse numericamente de acordo co número que lle asignamos na cita no texto.
  • Só debe haber unha referencia por cada número.