Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo IEEE

Guía do estilo IEEE

Referencias de capítulos de libro

Iniciais do nome. Apelidos autor do capítulo, "Título do capítulo entre comiñas", en Título do Libro en Cursiva, Nome do editor, Ed., Cidade de publicación, Estado abrev. (só se é de USA), País: Abreviatura da editorial, ano de publicación, cap., sec., pp.  
  • Título do capítulo: irá entre comiñas seguido dunha coma se o noso traballo está redactado en galego ou castelán, e se está en inglés a coma precederá ao peche de comiñas. Ademais, só a primeira letra da primeira palabra do título do capítulo ou parte vai en maiúscula.
  • Título da obra principal: vai en cursiva, coa primeira letra de todas as palabras importantes en maiúscula, e precedido da preposición “en” se o noso traballo está redactado en galego ou castelán, e se está en inglés poñeremos “ in”.

Exemplos:

[#] L. Stein, "Random patterns", en Computers and You, J.S. Brake, Ed., New York, NY, USA: Wiley, 1994, pp. 55-70.

[#] R.L. Myer, "Parametric oscillators and nonlinear materials", en Nonlinear Optics, vol.4, P. G. Harper e B.S. Wherret, Eds., San Francisco, CA,USA: Academic, 1977, pp.47-160.

Iniciais do nome. Apelidos autor da parte, "Titulo do capítulo ou parte entre comiñas", en Título do Libro en Cursiva, Nome do editor, Ed., Cidade de publicación, Estado abrev. (só se é de USA), País: Nome abreviado da editorial, ano de publicación, cap., sec., pp. [En liña]. Dispoñible en: http://www.web.com
  • Título do capítulo: irá entre comiñas seguido dunha coma se o noso traballo está redactado en galego ou castelán, e se está en inglés a coma precederá ao peche de comiñas. Ademais, só a primeira letra da primeira palabra do título do capítulo ou parte vai en maiúscula.
  • Título da obra principal: vai en cursiva, coa primeira letra de todas as palabras importantes en maiúscula, e precedido da preposición “en” se o noso traballo está redactado en galego ou castelán, e se está en inglés poñeremos “ in”.

Exemplo:

[#] L. Cremene, N. Crisan, "Cognitive Antenna System for Sustainable Adaptive Radio Interfaces", en Innovations and Advances in Computer, Information, Systems Sciences, and Engineering, K. Elleithy e T. Sobh, Eds., New York, NY, USA: Springer, 2013, pp. 53-62. [En liña]. Dispoñible en: http://link.springer.com/book/10.1007%2F978-1-4614-3535-8