Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo IEEE

Guía do estilo IEEE

Referencias de artigos de revista

Iniciais do nome. Apelidos autor, "Título do artigo entre comiñas",  Título abreviado da revista en cursiva, vol., nº, pp., mes abrev. ano.  
  • Se o artigo de revista é impreso pero ten doi, este engádese despois do ano separado cunha coma.
  • Os títulos das revistas van abreviados; consultar IEEE Reference Guide (páxinas 22 e 43). 

Exemplos:

[#] S. Azodolmolky et al., "Experimental demonstration of an impairment aware network planning and operation tool for transparent/translucent optical networks”, J. Lightw. Technol., vol. 29, nº 4, pp. 439–448, Sep. 2011.

[#] M. M. Chiampi and L. L. Zilberti, “Induction of electric field in human bodies moving near MRI: An efficient BEM computational procedure,” IEEE Trans. Biomed. Eng., vol. 58, no. 10, pp. 2787–2793, Oct. 2011, doi: 10.1109/TBME.2011.2158315.

Iniciais do nome. Apelidos autor, "Título do artigo entre comiñas", Título abreviado da revista en cursiva, vol., nº, pp., Mes abrev. ano. Consultado: día, mes, ano, doi:xxxxxx. [En liña]. Dispoñible en: http://www.xxxxxxx 
  • Se existe un DOI, pode omitirse a data de acceso.
  • Os títulos das revistas van abreviados; consultar IEEE Reference Guide (páxinas 22 e 43). 

Exemplos:

[#] W.P. Risk, G.S. Kino e H. J. Shaw, "Fiber-optic frequency shifter using a surface acoustic wave incident at an oblique angle", Opt. Lett., vol.11, nº 2, pp. 115-117, Feb. 1986. [En liña]. Dispoñible en: http://ol.osa.org/abstract.cfm?URI=ol-11-2-115

[#] R. Zhang e F. Gao, “Two-dimensional iterative learning model predictive control for batch processes: A new state space model compensation approach”, IEEE Trans. Syst., Man, Cybern., Syst., vol. 51, nº 2, pp. 833 - 841, Feb. 2021. Consultado: 8 de abril 2021, doi: 10.1109/TSMC.2018.2883754. [En liña]. Dispoñible en: https://ieeexplore.ieee.org/document/8575166