Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo IEEE

Guía do estilo IEEE

Referencias de libros

Iniciais do nome. Apelidos autor, Título do Libro en Cursiva. Cidade de publicación, Estado abrev. (só se é de USA), País: Abreviatura da editorial, ano de publicación, pp.

Exemplos:

[#] J. A. Leñero Bardallo, Fundamentos de la Electrónica y los Semiconductores. Cádiz, España: UCA, 2018.

[#] B. Klaus e P. Horn, Robot Vision. Cambridge, MA, USA: MIT Press, 1996, pp. 13–17. 

 

Iniciais do nome. Apelidos autor, Titulo do Libro Electrónico en Cursiva. Cidade de publicación, Estado abrev. (só se é de USA), País: Abreviatura da editorial, ano de publicación, pp.. [En liña]. Dispoñible en: http://www.web.com 

Exemplo:

[#] S. Noghanian, A. Sabouni, T. Desell e A. Ashtari, Microwave Tonography: Global Optimization, Parallelization and Performace Evaluation. New York, NY, USA: Springer, 2014, pp. 15-64. [En liña]. Dispoñible en: http://link.springer.com/book/10.1007%2F978-1-4939-0752-6