A forma de redactar as referencias bibliográficas varía segundo o tipo de documento. Non obstante, todas as referencias constan destes tres elementos e nesta orde: autor, título e datos de publicación. Todas as referencias, excepto as que rematan con URL, terminarán cun punto, incluídas as que conteñen un DOI.
As iniciais do nome colócanse en primeiro lugar, seguidas dos apelidos:
B. Klaus
Se son varios autores: sepáranse con coma e antes do último ponse a conxunción “e”/ "y" / “and” segundo a lingua na que redactemos o traballo. Se son máis de 6 autores, ponse só o primeiro autor seguido de et al.:
R. Fardel, M. Nagel, F. Nuesch, T. Lippert e A. Wokaun
M. Ito et al.
Os títulos dos artigos de revistas, capítulos de libros, informes, traballos presentados a congresos publicados etc., van entre comiñas e co texto en minúsculas, agás a primeira letra do título e o que indiquen as normas ortográficas da lingua na que se escriba:
"Fiber-optic frequency shifter using a surface acoustic wave incident at an oblique angle"
Os títulos de libros, revistas ou conferencias escríbense en cursiva, coa primeira letra de cada palabra importante do título en maiúscula (substantivos, verbos, adxectivos, adverbios e pronomes). Utilízase minúsculas cos artigos, conxuncións e preposicións (sempre que non sexan a primeira palabra do título ou subtítulo):
Microwave Tonography: Global Optimization, Parallelization and Performace Evaluation
Segundo o tipo de documento incluiremos a información que corresponda da seguinte:
- Lugar de publicación: cidade, Estado (se é EE.UU.) e País (se a cidade non é ben coñecida)
- Nome da editorial
- Volume, número, páxinas
- Data
- Nos documentos electrónicos engadirase información sobre a data de acceso, DOI ou URL. Existen varias opcións para incluír a URL nunha referencia, pero se unha referencia contén un DOI ou data de acceso e tamén unha URL, colócase primeiro o DOI ou a data de acceso e a URL ao final:
Exemplos:
New York, NY, USA: Wiley, 1994
New York, NY, USA: Springer, 2014. [En liña]. Dispoñible en: http://link.springer.com/book/10.1007%2F978-1-4939-0752-6
*Nota: os datos transcríbense na forma e idioma no que aparecen, pero tendo en conta que algúns elementos podemos adaptalos á lingua empregada na redacción do noso traballo. Nesta guía os exemplos están adaptados ao galego, pero se o noso traballo está redactado en inglés, faremos os seguintes cambios: