As bases de datos son potentes ferramentas para a investigación, empréganse para obter información académica sobre un tema. A biblioteca selecciona e subscribe bases de datos de interese para o teu ámbito de estudo, tanto de carácter multidisciplinar como especializadas.
Algunhas bases de datos permiten acceder directamente ao texto completo das publicacións; cando non é así, podes comprobar se a Biblioteca Universitaria ofrece acceso ao texto completo premendo no botón 

Imaxe: Rexistro bibliográfico co botón de Perseo na base de datos Web of Science
Recompila literatura científica hispana: artigos de revistas, teses, libros, reseñas bibliográficas e actas de congresos. Céntrase principalmente nos ámbitos das ciencias humanas, xurídicas e sociais.
Indexa diversos tipos de documentos (artigos, capítulos, actas de congresos, patentes etc.) de todas as disciplinas científicas, cunha cobertura xeográfica moi ampla. Ademais, proporciona métricas derivadas das citas dos documentos polo que se emprega tamén na avaliación da produción científica.
Outras guías e titoriais: videotitorial
Plataforma que da acceso a varias bases de datos bibliográficas multidisciplinares e outros produtos de Clarivate (JCR, Incites etc.).
Colección de obras a texto completo de poesía, prosa e drama de escritores británicos e norteamericanos. Inclúe tamén crítica literaria, obras de referencia, biografías, revistas, filmacións de poetas contemporáneos lendo os seus propios traballos e audiogravacións de obras non contemporáneas.
Plataforma que combina as bases de datos Linguistics and Language Behaviour Abstracts (LLBA) e Linguistics Database, permitindo a consulta de literatura do ámbito da Lingüística.
Recompila bibliografía especializada nas civilizacións grega e romana antigas.
Consulta o noso A-Z de recursos para obter máis información sobre as bases de datos.