Repositorio institucional da Universidade de Vigo que recolle, difunde e preserva a produción científica do seu persoal investigador. Artigos, libros, capítulos ou partes de libros, contribucións a congresos e teses de douturamento lidas na universidade, constitúen os contidos do repositorio.
Networked Digital Library of Theses and Dissertations é unha organización internacional que promove o acceso aberto e a creación, uso, difusión e preservación de teses electrónicas (ETD). Dispón dun arquivo dixital para a consulta de teses de institucións de todo o mundo.
Permite buscar teses electrónicas e outros traballos académicos en acceso aberto de universidades de todo o mundo.
Referencias bibliográficas e abstracts de teses e tesinas lidas en institucións de todo o mundo dende 1861, algunhas delas dispoñibles a texto completo en formato PDF.
Recolle as teses de doutoramento lidas nas universidades españolas dende 1976.
A maior parte dos datos son referenciais, aínda que hai algúns textos completos.
Permite buscar e localizar todos os traballos de investigación do ámbito español depositados en repositorios ou publicados en revistas de acceso aberto.