Xunto coa colección impresa, a biblioteca ofrece acceso a libros electrónicos que cobren diferentes disciplinas académicas. Están organizados en coleccións e aloxados nas plataformas de distintos editores e provedores desde as que se pode ler en liña ou ben descargar unha parte ou a totalidade do libro, dependendo das condicións de uso do editor.
Colección dos textos completos (facsímiles dixitais) de obras de literatura inglesa editados entre 1473-1700.
Colección multidisciplinar de libros e revistas, con acceso ao texto completo dos títulos subscritos pola Universidade de Vigo e a outros gratuítos proporcionados pola editorial.
Acceso a libros electrónicos de diferentes ámbitos temáticos.
Plataforma de libros académicos en español de diferentes editoriais e con carácter multidisciplinar.