Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Linguas e literaturas estranxeiras

Guía de recursos de linguas e literaturas estranxeiras

Estilos de cita

Os estilos bibliográficos son un conxunto de regras que axudan a organizar a información consultada. Definen que datos debes incluír ao citar así como a orde e a tipografía no que aparecerán. A pesar de haber normas internacionais respecto diso, non hai un único estilo adoptado globalmente. Normalmente cada disciplina ten un estilo de cita.

En humanidades empréganse os estilos MLA e APA.

MLA é o estilo creado pola Modern Language Association, e emprégase principalmente no ámbito das Humanidades, Lingua e Literatura.

APA é o estilo de normas de citación adoptado pola American Psychological Association, e empregase no ámbito das Ciencias Sociais e as Humanidades.

Lembra que se estás a preparar o teu TFG, TFM ou tese, debes consultar co teu titor/a ou director/a que estilo debes empregar.

Para saber como citar e elaborar bibliografías co estilo MLA e APA consulta as nosas guías:

Para máis información sobre outros estilos de cita, consulta a biblioguía "Citar e referenciar":