Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Linguas e literaturas estranxeiras

Guía de recursos de linguas e literaturas estranxeiras

Como buscar libros impresos en Perseo

Podes localizar os libros impresos en Perseo desde a busca simple ou ben desde a busca avanzada. A busca avanzada é a indicada para realizar buscas máis precisas. 

Introduce os termos na caixa de busca e escolle a opción "Catálogo". 

A continuación na páxina de resultados filtra por:

- Dispoñibilidade: "Na Biblioteca"
- Tipo de recurso: "Libros"

 

1. Marca a opción "Catálogo".
2. Nos filtros de busca escolle o campo (autor, tema, título etc.) e introduce os termos.
3. En "Tipo de material" selecciona "Libros".

Libros impresos. Onde localizalos

Os libros impresos do ámbito de linguas e literaturas estranxeiras  localízanse no buscador Perseo e atópanses en distintos lugares das bibliotecas dependendo da súa temática. Na Biblioteca de Filoloxía e Tradución atopamos a maior parte da colección. Organízanse en andeis segundo a seguinte clasificación:

Tema

Localización nos andeis     

Linguaxe e linguas 800
Didáctica das linguas 800.7
Lingüística 801
Lingua inglesa 802.0
Lingua alemá 803.0
Lingua francesa 804.0
Lingua portuguesa 806.90
Literatura universal 82
Literatura en lingua inglesa 820
Literatura en lingua alemá 830
Literatura en lingua francesa 840
Literatura en lingua portuguesa 869.0
Métodos de aprendizaxe de idiomas --- -07
Dicionarios temáticos (Sala de Referencia) --- (038)