Os documentos de patente constitúen unha valiosa fonte de información tecnolóxica, científica e xurídica moi importantes para o desenvolvemento dos proxectos de I+D+i . Recollen información tecnolóxica que non tivo divulgación previa, nin se difundiu noutro tipo de publicación.
Ao mesmo tempo constitúen documentos legais que protexen e garanten os dereitos de propiedade industrial dunha determinada invención. Por esa mesma razón os documentos de patente fanse públicos para información xeral.
Antes de comezar un proxecto de I+D+i é importante consultar a literatura de patentes. Esta guía recolle unha selección dos recursos máis importantes para localizar este tipo de documentos.

Patente ES2571061A1 "Sistema de dispersión de líquido en vehículo aéreo no tripulado"