Para localizar unha patente concreta podes buscar por:
- Nome da persoa inventora, nome da persoa solicitante (que retén os dereitos da invención: unha institución, unha empresa…). Nestes dous casos é importante ter en conta que os nomes poden non estar normalizados.
- Número da patente.
Para localizar patentes por un tema podes buscar por:
- Palabras clave en calquera parte do documento: no título, resumo, na descrición ou nas reivindicacións. Nesta busca é habitual usar operadores booleanos (AND, OR, NOT), truncamentos de palabras etc.
- Sistema de clasificación de patentes: é o máis recomendable.
- A máis coñecida é a Clasificación Internacional de Patentes (CIP) que se emprega para clasificar os documentos de patente e dos modelos de utilidade en máis de 100 países. A CIP creouse co obxectivo de uniformizar a clasificación destes documentos a nivel internacional para facilitar a súa busca e recuperación. A clasificación divide os campos da tecnoloxía en oito seccións (da A a H) cunhas 75 000 subdivisións, cada unha delas representada por un símbolo formado por caracteres latinos e números arábigos.
