A Oficina de I+D apoia a comunidade investigadora na protección e na valorización dos seus resultados de I+D+i, co obxectivo de facilitar a transferencia do coñecemento xerado nas tarefas de investigación, coa vista posta na sociedade e no tecido industrial da contorna. Presta o apoio necesario para a elección da mellor estratexia de protección dos resultados da investigación, con vistas á súa futura explotación, levando a cabo os procedementos de xestión e tramitación de títulos e rexistros nas súas diferentes vías.
A Normativa de Propiedade Industrial e Intelectual da Universidade de Vigo establece que a titularidade dos resultados das investigación desenvolvidas pola comunidade investigadora, froito da súa relación laboral coa Universidade de Vigo, corresponderá á institución; as persoas investigadoras conservan a consideración de inventor/a ou autor/a. Esta normativa pretende:
O Portal da Investigación da Universidade de Vigo recolle os resultados de investigación da súa comunidade científica, entre os que se atopan as patentes e solicitudes de patente. Todas as patentes están ordenadas por ano e dentro de cada ano polo título.

Ao premer en cada título, ábrese unha páxina que recolle: