A propiedade industrial é un conxunto de dereitos que protexen as innovacións técnicas (produtos, procedementos, utensilios, aparatos), as innovacións de deseño e a identidade corporativa (denominacións, logotipos, etc.) que son susceptibles de industrialización ou mercantilización.
A titularidade destes outórgase a unha persoa física ou xurídica a través dun organismo oficial competente que no caso de España é a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM). A protección que dispensan é temporal e ten caracter territorial o que quere dicir que se limita ao territorio ou país onde se obtivo a titularidade destes dereitos.
En España os dereitos de propiedade aplícanse a:
As patentes e os modelos de utilidade protexen as invencións técnicas.
Unha patente é un título de propiedade industrial que recoñece o dereito a explotar en exclusiva unha invención, incluídos os produtos e os procedementos, e impedindo a outros a súa fabricación, venda ou o emprego sen o consentimento do seu titular. A protección en España ten unha duración de 20 anos, contados a partir da data de presentación da solicitude.
Un modelo de utilidade é tamén un título de propiedade industrial pero, a diferenza das patentes, este queda restrinxido a produtos, aparatos ou dispositivos técnicos, e quedan excluídos os procedementos. A protección nacional ten unha duración de 10 anos contados a partir da data de solicitude.
Para obter a protección no ámbito internacional as opcións máis importantes son:
Protexen a aparencia externa ou ornamentación dos produtos ou dunha parte deles, sen ter en conta as características técnicas ou funcionais. Un deseño industrial protexe a aparencia estética dun produto, as liñas que o definen, a forma, cores, texturas etc. Pódense protexer produtos industriais e artesanais e, dentro destes, poden ser obxectos tridimensionais ou bidimensionais (ornamentacións). Algúns exemplos de produtos que se poden protexer como deseño industrial son as tipografías, aparatos domésticos, envases etc.
A protección en España é de 5 anos a partir da data de solicitude, renovable cada 5 anos ata un máximo de 25 anos.
Para ampliar a protección ao ámbito internacional existen dúas vías:
Protexen signos distintivos que se empregan para identificar servizos ou produtos e diferencialos doutros idénticos ou similares no mercado. A protección é de 10 anos contados dende a súa solicitude e renovables por períodos sucesivos de 10 anos.
Unha marca é un signo distintivo que serve para distinguir os produtos ou servizos dunha empresa doutros idénticos ou similares existentes no mercado. Os signos poden ser figurativos, tridimensionais (envoltorios...), denominativos, multimedia etc. Empréganse para individualizar servizos e produtos, indicar a súa orixe empresarial, publicidade etc.
En España para obter o dominio dunha marca é necesario rexistrala na Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM). A solicitude pode realizala calquera persoa física ou xurídica, incluídas as entidades de dereito público. A duración de protección é de 10 anos contados dende a súa solicitude e renovables por períodos sucesivos de 10 anos.
Para rexistrar unha marca no estranxeiro as opcións son:
Protexen a topografía dun circuíto integrado electrónico, é dicir, o trazado das capas e elementos que o compoñen, a súa disposición tridimensional e as súas interconexións. A protección en España ten unha duración de 10 anos dende que se rexistra a topografía ou se comercializa por primeira vez o circuíto.