En España o organismo oficial que tramita as patentes e modelos de utilidade é a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM). Calquera persoa física ou xurídica, incluídas as entidades de dereito público, poden solicitar o rexistro.
Trátase de documentos que deben facerse públicos. En España as solicitudes, tanto de patentes como de modelos de utilidade, publícanse no Boletín Oficial de la Propiedad Industrial (BOPI). Unha vez que se conceden, publícanse na base de datos Invenes da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) que envía ademais os datos ás principais oficinas de patentes do mundo para a súa difusión.
O formato ou estrutura do documento dunha patente é practicamente idéntico en todos os países. Unha patente consta sempre de:
Esta uniformidade facilita a súa consulta nas diferentes bases de datos, pero tamén a asignación do "Número de patente", que é un código normalizado formado por siglas e números que identifica de forma única cada documento. Este código comeza polas iniciais do país ou oficina da propiedade industrial onde se presenta a patente, un número de serie e un código de tipo de publicación:
