O plaxio consiste en utilizar contidos (texto, gráficos, fotografías etc.) ou ideas doutras persoas como se fosen propios, sen permiso, crédito ou recoñecemento.
Plaxiar supón un acto de deshonestidade académica, e pode dar lugar a sancións. Dar crédito aos autores cuxo traballo ou ideas utilizamos é unha obriga ética no ámbito académico. Ademais, está prohibido pola Lei de Propiedade Intelectual, que protexe os dereitos dun autor/a a que se lle recoñeza a súa autoría nunha obra.