Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Plaxio e información veraz

Cando cometemos plaxio?

Cometemos plaxio cando infrinximos os dereitos dun autor sobre calquera tipo de obra, entre outras cousas ben por copiar material orixinal sen o permiso do autor ou -nos casos que a lei o permite-  utilizalos sen realizar a oportuna atribución.

O plaxio pode ser intencionado ou inconsciente por descoñecemento, pero ningún dos dous casos está permitido.
Considérase plaxio, entre outros:

  • A copia exacta, total ou parcial, dun texto con suplantación ou omisión do autor/a.
  • Cando non se cita ou cítase de forma non adecuada, incumprindo as normas de citación tanto na elaboración das citas coma das referencias.
  • A paráfrase incorrecta, con cambio dalgunhas palabras dun texto pero sen transformalo sustancialmente.
  • Reproducir unha imaxe con copyright sen autorización.