Existen ferramentas informáticas que axuda na prevención e detección do plaxio. Estes programas comparan un texto ou documento con múltiples fontes de información (Internet, artigos científicos, unha base de datos institucional de traballos académicos etc.) en busca de coincidencias. Tamén xeran un informe coa porcentaxe de similitudes, permitindo de forma sinxela contrastar o documento analizado coas posibles fontes de plaxio.
O software de verificación de plaxio pode detectar grandes ou pequenas coincidencias:
Por outra banda, a intelixencia artificial (IA) permite xerar contidos facilmente, e empregados incorrectamente poden constituír plaxio. Como resultado, as ferramentas de detección de IA empréganse tamén no mundo universiario para detectar o seu uso.
As Universidades fan uso de software de verificación de plaxios. Turnitin é o programa para detectar o plaxio contratado pola Universidade de Vigo e integrado en MooVi.
Turnitin facilita ao profesorado a revisión dos traballos dos estudantes comparándoos cunha ampla base de datos, e ofrece un informe de orixinalidade sinalando a porcentaxe de similitude do documento e amosa as fontes orixinais.