As teses de doutoramento lidas na Universidade de Vigo, seguindo a normativa legal, arquívanse e difúndense en Investigo en formato electrónico.
O Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao encárgase do seu arquivo dende o ano 2017 despois da autorización do autor ou autora. Cando o doutorando/a presenta a documentación para a lectura da tese, debe asinar a autorización de depósito e a licenza Investigo. Preme aquí para obter información sobre os trámites e o impreso de autorización e licenza.
|
Coa licenza Investigo autorizas á universidade a difundir na internet a tese, así como a asegurar a súa preservación a longo prazo. Non hai cesión de dereitos de explotación á universidade. Os/as autores/as conservades todos os dereitos de autor e podedes facer uso da vosa tese na forma en que estimedes máis oportuna. Na autorización de depósito podedes definir os usos da tese mediante licenzas non exclusivas do tipo Creative Commons. Por defecto, aplícase a licencia CC máis restritiva (Recoñecemento- NonComercial- SenObraDerivada), aínda que podedes escoller calquera outra. |
Se a túa tese non está dispoñible no repositorio (teses inéditas en CD-ROM anteriores a 2017) podes solicitar á Área do Repositorio Institucional da biblioteca universitaria a súa inclusión.
As teses estarán en acceso aberto, salvo no caso de estar afectadas por algunha das excepcións recollidas na normativa legal (art. 14.6). Neste caso, os/as autores/as podedes solicitar unha limitación de acceso público (embargo, versión reducida etc.) mediante escrito dirixido ao Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao.
As teses depositadas en Investigo pódense localizar tamén a través de motores de búsqueda como Google académico, recolectores de ciencia aberta (OpenAire, Recolecta, Galiciana) ou bases de datos como TESEO ou Dialnet incrementando así a súa difusión e visibilidade.