Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Repositorio institucional Investigo

Que se pode depositar

Os artigos, libros, capítulos ou partes de libros, documentos derivados de congresos e comunicacións científicas e teses de doutoramento elaborados polo persoal investigador da Universidade de Vigo e que son tomados en conta como mérito de produción científica.
Ademais:

  • Os documentos deben ser orixinais e produto da investigación.
  • Polo menos un dos autores/as do traballo debe pertencer á Universidade de Vigo.
  • Só se poden depositar traballos publicados previamente coa excepción das teses.
  • No caso dos artigos, só se poden depositar os post-print (traballos que xa pasaron a revisión por pares).
  • As comunicacións científicas a congresos deben dispoñer polo menos de 3 páxinas e estar publicadas no libro de actas en papel, soporte electrónico ou na web. O libro de actas debe dispoñer de ISBN ou requisito equivalente.
  • Os libros (incluídas monografías, edicións críticas, catálogos de exposicións, traballos audiovisuais ou traducións de libros) ou capítulos de libros pódense depositar sempre que algún dos autores/as ou dos editores científicos pertenza a Universidade de Vigo. Os libros deben dispoñer de ISBN, NIPO ou depósito legal.

Para depositar calquera documento en Investigo, debes dispoñer dos dereitos de explotación da obra ou da autorización dos seus titulares respectando os dereitos de propiedade intelectual.

IMPORTANTE: Se tes algún problema para subir un artigo a Investigo dende fóra da Universidade, activa o proxy da UVigo no navegador. Consulta a guía "Conectarse por medio dun proxy", elaborada polos servizos informáticos, para saber como configurar o proxy nos distintos navegadores.