Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Repositorio institucional Investigo

Dereitos e condicións de depósito

En Investigo, coa excepción das teses, só se poden depositar documentos publicados, de maneira que os dereitos de explotación das obras adoitan estar cedidos a un editor. Polo tanto, antes de realizar o depósito:

1. COMPROBA OS PERMISOS DOS EDITORES

Comproba os termos dos contratos de edición ou os acordos de cesión de dereitos (Copyright Transfer Agreements, CTA) para coñecer as posibilidades de reutilización e uso definidas nos contratos. Se non posúes os dereitos de explotación, solicita autorización por escrito ao editor.
Para os artigos de revistas existen ferramentas que permiten coñecer, sen necesidade de contactar cos editores, as posibilidades que existen para depositar os artigos

  • Consulta a base de datos Open Policy Finder (ámbito internacional), Dulcinea (ámbito español).
  • ​Se a revista na que se publicou o artigo non figura en ningunha destas bases de datos, diríxete ao editor para coñecer a súa política con relación ao acceso aberto ou, no seu caso, solicita a pertinente autorización.
EDITORES - POLÍTICA DE ACCESO ABERTO E AUTOARQUIVO 

2. ​COMPROBA A VERSIÓN DO ARTIGO QUE PODES DEPOSITAR

Moitos editores non permiten depositar e difundir nos repositorios a versión publicada do artigo (published version), pero si que adoitan autorizar o depósito da versión final do autor/a, é dicir, a que inclúe os cambios e correccións propostos polos revisores (postprint de autor ou accepted manuscript). 
Consulta:

 

3. CONSERVA OS TEUS DEREITOS

Ao asinar o contrato, negocia co editor. Se o acordo co editor é moi restritivo, negocia algunha excepción. É importante reter algúns dereitos para poder compartir ou difundir a obra no repositorio, nunha páxina web persoal etc. :

Información relacionada: Tutorial Multimedia "Controla tus derechos facilita el acceso abierto".