Investigo é o repositorio institucional da Universidade de Vigo que ten como obxectivo recoller, difundir e preservar en formato dixital a produción científica do seu persoal investigador.
O repositorio está ligado aos procesos de avaliación da produción científica da Universidade de Vigo e recolle os artigos, libros, capítulos ou partes de libros, teses e documentos derivados de congresos e comunicacións científicas elaborados polo seu persoal investigador.
O depósito en Investigo ofrece as seguintes vantaxes:


A Universidade de Vigo conta cunha política institucional de acceso aberto á produción científica. No ano 2018 asinou a Declaración de Berlín comprometéndose firmemente co movemento de acceso aberto.
A xestión e mantemento do repositorio correspóndelle á Biblioteca Universitaria.