O persoal docente e investigador da Universidade de Vigo dado de alta en SUXI.
Si, aínda que no caso dunha obra escrita en colaboración (é dicir, cando a autoría corresponde a todos os autores/as da obra) hai que contar co consentimento por escrito de todos eles para depositala.
No caso de obras colectivas (as elaboradas por varios autores/as baixo a dirección ou coordinación dalguén), considérase que a autoría corresponde á persoa coordinadora ou directora, sendo quen debe autorizar o depósito.
Si. Só tes que coñecer as condicións de cesión dos dereitos de explotación do teu traballo e a política de acceso aberto da editorial. Esta política podes consultala no portal Sherpa/Romeo (internacional) ou en Dulcinea para as revistas españolas. Máis información en: Propiedade intelectual en Investigo.
Á parte do apoio institucional da Universidade ao movemento de acceso aberto, existen unha serie de normativas e mandatos que che poden afectar en canto o depósito en repositorios de acceso aberto dos resultados de investigación financiados con fondos públicos. Consulta o apartado Marco Legal da Guía de Acceso Aberto.
Non. Para cumprir cos requerimentos de acceso aberto esixidos pola lexislación e/ou as axencias europeas de financiamento é necesario depositar os traballos nun repositorio institucional como Investigo ou nun repositorio temático.
Consulta as guías:
Non. Ao depositar o traballo en Investigo tes que firmar unha licenza de depósito non exclusiva na que autorizas á Universidade a difundir a obra e a conservala de forma permanente, pero non hai cesión de dereitos de explotación. Respéctanse os acordos de propiedade intelectual entre os/as autores/as e os editores.
Non. Aínda que a maioría dos contidos dispoñen de acceso aberto a unha versión do texto completo, o repositorio tamén inclúe obras que, debido á cesión de dereitos de propiedade intelectual a terceiros (por exemplo, editores comerciais) ou outras razóns de tipo legal, non ofrecen un acceso aberto aos mesmos. En tal caso o único que ofrece Investigo en aberto son as referencias bibliográficas (metadatos) das obras, pero permite pedir directamente ao autor ou autora unha copia do documento que está pechado mediante a opción “ Request a copy” na que só tes que identificarte e explicar os motivos da solicitude.
Sí. Pero tes que ter en conta que, aínda que conservas todos os dereitos de autor sobre o teu traballo e podes publicalo onde queiras, moitos editores de revistas científicas non aceptan traballos divulgados con anterioridade. Polo tanto, se queres publicar a tese ou algún artigo científico baseado nela, é mellor non difundila inmediatamente en acceso aberto e solicitar un período de embargo no momento de firmar a autorización de depósito en Investigo.
Calquera persoa con acceso a internet pode consultar e utilizar Investigo, aínda que as posibilidades de acceso ao texto completo dependen dos dereitos de acceso que teña asignado cada documento en función da atribución dos seus dereitos de propiedade intelectual. Mais información en: Buscar e atopar en Investigo.