Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo Vancouver

Vancouver é o estilo empregado no ámbito das Ciencias da Saúde, que inclúen as normas para a redacción de citas e referencias bibliográficas segundo a National Library of Medicine (NLM).
Esta guía está baseada en "Citing medicine: the NLM style guide for authors, editors & publishers" e "Recommendations of the International Committee of Medical Journal Editors (ICMJE)".

Segundo a NLM, hai tres opcións de formato para as citas: 

  • Numérica: as citas no texto numéranse consecutivamente e a listaxe de referencias ordénase segundo eses números. 
  • Numérica con orde alfabética: cita no texto numérica correlativa, pero a listaxe de referencias ordénase por orde alfabética de autor.
  • Nome-ano: a cita no texto consiste no apelido do autor e ano de publicación normalmente entre paréntese, por exemplo (Smith 2006), e a listaxe de referencias ordénase primeiro por autor e logo por ano. 

Nesta guía seguiremos a primeira opción, secuencia numérica na cita no texto e listaxe ordenada por orde de aparición no texto.