Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo Vancouver

Referencias de actas de congresos

As actas de congresos son unha recompilación dos relatorios presentados nunha conferencia, simposio, congreso etc. 
Comparten moitas características cos libros, a principal diferenza á hora de facer as referencias é a indicación do nome do congreso e a información sobre as datas e lugares de celebración.

Actas de congresos con título do libro de actas, así como un título de congreso:

Apelidos Iniciais editores, función. Título do libro das actas. Nome oficial do congreso. Lugar de edición: Editorial; ano edición.

Actas de congresos só con título de congreso:

Apelidos Iniciais editores, función. Nome oficial do congreso. Lugar de edición: Editorial; ano edición.
  • A indicación da data de celebración do congreso e o lugar é opcional, e de poñelo van nesa orde despois do nome oficial do congreso e separados por punto e coma.
  • A paxinación é opcional e vai ao final.

Exemplos:

Ferreira de Oliveira MJ, editor. Accessibility and quality of health services. Proceedings of the 28th Meeting of the European Working Group on Operational Research Applied to Health Services (ORAHS); 2002 Jul 28-Aug 2; Rio de Janeiro, Brazil. Frankfurt (Germany): Peter Lang; c2004. 287 p.

Rammstedt B, Riemann R, editors. 11th European Conference on Personality; 2002 Jul 21-27; Friedrich-Schiller-Universitat Jena, Jena, Germany. Lengerich (Germany): Pabst Science Publishers; c2002.

Referencias de comunicacións e ponencias

Con título do libro de actas, así como un título de congreso:

Apelidos Iniciais autor/es da comunicación/ponencia. Título da comunicación/ponencia. En: Apelidos Iniciais editores, función. Título do libro. Título oficial do Congreso. Lugar de publicación: Editorial; ano. páxina inicial-final da comunicación/ponencia.

Só con título de congreso:

Apelidos Iniciais autor/es da comunicación/ponencia. Título da comunicación/ponencia. En: Apelidos Iniciais editores, función. Título oficial do Congreso. Lugar de publicación: Editorial; ano. páxina inicial-final da comunicación/ponencia.
  • A indicación da data de celebración do congreso e o lugar é opcional, e de poñelo van nesa orde despois do nome oficial do congreso e separados por punto e coma.
  • Hai que indicar os números das páxinas nas que aparece a comunicación ou ponencia. Non se repiten os números de páxina agás que vaian seguidos dunha letra. Por exemplo: 123-125 convértese en 123-5, pero 124A-126A é correcto.

Exemplos:

Arendt, T. Alzheimer's disease as a disorder of dynamic brain self-organization. In: van Pelt J, Kamermans M, Levelt CN, van Ooyen A, Ramakers GJ, Roelfsema PR, editors. Development, dynamics, and pathology of neuronal networks: from molecules to functional circuits. Proceedings of the 23rd International Summer School of Brain Research; 2003 Aug 25-29; Royal Netherlands Academy of Arts and Sciences, Amsterdam, the Netherlands. Amsterdam (Netherlands): Elsevier; 2005. p.355-78.

Rice AS, Farquhar-Smith WP, Bridges D, Brooks JW. Canabinoids and pain. In: Dostorovsky JO, Carr DB, Koltzenburg M, editors. Proceedings of the 10th World Congress on Pain; 2002 Aug 17-22; San Diego, CA. Seattle (WA): IASP Press; c2003. p. 437-68.

Con título do libro de actas, así como un título de congreso:

Apelidos Iniciais autor/es da comunicación/ponencia. Título da comunicación/ponencia. En: Apelidos Iniciais editores, función. Título da obra [Internet]. Título oficial do Congreso. Lugar de publicación: Editorial; ano [data de consulta]. páxina inicial-final da comunicación/ponencia.  Dispoñible en: URL

Só con título de congreso:

Apelidos Iniciais autor/es da comunicación/ponencia. Título da comunicación/ponencia. En: Apelidos Iniciais editores, función. Título oficial do Congreso  [Internet]. Lugar de publicación: Editorial; ano [data de consulta]. páxina inicial-final da comunicación/ponencia.  Dispoñible en: URL

Unha ponencia ou comunicación en internet cítase como unha impresa, pero engadindo:

  • A palabra [Internet] entre corchetes despois do título da obra ou congreso, segundo proceda.
  • A data de consulta entre corchetes a continuación da data de publicación. 
  • A URL ou outro enderezo electrónico precedido de  «Disponible en:», e sen puntuaciónn final agás que a URL termine con barra oblicua.

Exemplos:

Vodyanoy V. Characterization of primo nodes and vessels by high resolution light microscopy. En: Soh K, Kang KA, Harrison DK, editores. The primo vascular system: its role in cancer and regeneration [Internet]. 1st International Symposium on Primo Vascular System 2010; 2010 Sep 17-18; Jecheon, Korea. New York: Springer; c2012 [consultado 11 de xuño de 2024]. p. 83-94. Dispoñible en: https://link.springer.com/chapter/10.1007/978-1-4614-0601-3_12

Fallon BJ, Bowles T, Aristeguli I. The effect of gender-role self-stereotypes and social on the relationship between equity and satisfaction. In: Hazelwood ZJ, editor. Connecting research and comparison practice in relationships: conference proceedings [Internet]; 2009 Nov 7-8; Queensland University of Technology, Brisbane, Australia. Melbourne (AU): Australian Psychological Society, 2009 [cited 2017 Nov 16]. p. 22-7. Available from: http://search.informit.com.au/fullText;dn=203379862897273; res=IELHEA