Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo Vancouver

Referencias de libros

Apelidos Iniciais autor/es. Título. Edición. Lugar de publicación: Editorial; ano.
  • Se un traballo non ten un autor persoal ou institucional pero si é posible identificar á persoa que realiza os labores de edición ou tradución, esta incluirase obrigatoriamente na referencia ocupando o lugar do autor e especificando o seu labor despois do seu nome.
  • Se non é posible identificar os responsables da creación, a edición ou a tradución dunha obra comezaremos a referencia co título do libro. 
  • Indícanse as edicións que non sexan a primeira, agás cando se saiba que se publicaron edicións posteriores e se cite a 1ª.
  • A paxinación é opcional para os libros.
  • No caso de citar unha parte do libro coma unha táboa, figura etc., engádese a información sobre a parte co nome e o número en arábigos ou letra, a continuación unha coma e o título da parte tal e como aparece no artigo, despois un punto e coma e o número de páxina.
     

Exemplos:

Peiró S, Ridao M. Experiencias autonómicas en la gestión de las listas de espera. Madrid: Fundación Instituto de Investigación en Servicios de Salud, Ministerio de Sanidad y Consumo; 2004

Gilstrap LC, Cunningham FG, VanDorsten JP, editors. Operative obstetrics. 2 ed. New York: McGraw-Hill; 2002.

O'Connor KP. Cognitive-behavioral management of tic disorders. Hoboken (NJ): John Wiley & Sons; c2005. 308 p.

Larone DH. Medically important fungi: a guide to identification. 4th ed. Washington: ASM Press; c2002. Table 15, Characteristics of some of the "black yeasts"; p. 200.

Apelidos Iniciais autor/es. Título [Internet]. Edición. Lugar de publicación: Editorial; data de publicación [data de consulta]. Dispoñible en: URL

Un libro en internet cítase como un libro impreso, pero engadindo: 

  • A palabra [Internet] entre corchetes despois do título.
  • A data de actualización/revisión e a data de consulta entre corchetes a continuación da data de publicación. 
  • A URL ou outro enderezo electrónico do libro precedido de  «Disponible en:», e sen puntuación final agás que a URL termine con barra oblicua.

Exemplos:

Moraga Llop FA. Protocolos diagnósticos y terapéuticos en Dermatología Pediátrica [Internet]. Madrid: Asociación Española de Pediatría; 2003 [consultado 19 de decembro 2021]. Dispoñible en: http://www.aeped.es/protocolos/dermatologia/index.htm

Collins SR, Kriss JL, Davis K, Doty MM, Holmgren AL. Squeezed: why rising exposure to health care costs threatens the health and financial well-being of American families [Internet]. New York: Commonwealth Fund; 2006 Sep [cited 2023 Nov 2]. 34 p. Available from: http://www.cmwf.org/usr_doc/Collins_squeezedrisinghltcarecosts_953.pdf

Fact sheet: AIDS information resources [Internet]. Bethesda (MD): National Library of Medicine (US); 2003 May 2 [updated 2005 Jul 14; cited 2022 Nov 15]. [about 3 screens]. Available from: http://www.nlm.nih.gov/pubs/factsheets/aidsinfs.html

Noel Walker J, Del Rosso JM, Karyl Held A. Nutrition and physical activity field assessment of children in rural America [Internet]. Westport (CT): Save the Children; 2005 Mar. Table 1, Prevalence of overweight among rural children in Save the Children regions; [cited 2006 Nov 7]; p. 2. Available from: http://www.savethechildren.org/publications/technical-resources/us-programs/Final_Field_Assessment_2005.pdf