Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo Vancouver

Referencias de contribucións en libros

Cando un libro ten un editor/es xeral e os capítulos individuais están escritos por diferentes autores ou colaboradores, nestes casos a referencia debe comezar co autor e o título da contribución, seguidos da palabra «En:» e despois a información sobre o libro completo.
Apelidos Iniciais autor/es do capítulo. Título do capítulo. En: Apelidos Iniciais editores, coordinadores etc., do libro, función. Título do libro. Edición. Lugar de publicación: Editorial; ano. Páxinas inicial-final do capítulo.
  • A información sobre o libro compleo vai precedida da preposición En:
  • A mención de páxinas do capítulo vai introducida coa abreviatura p. e non se repiten os números de páxina a menos que vaian seguidos dunha letra. Por exemplo, 126-127 convértese en p. 126-7

Exemplos:

Mehta SJ. Dolor abdominal. En: Friedman HH, coordinador. Manual de Diagnóstico Médico. 5ª ed. Barcelona: Masson; 2004. p. 183-90.
 
Meltzer PS, Kallioniemi A, Trent JM. Chromosome alterations in human solid tumors. In: Vogelstein B, Kinzler KW, editors. The genetic basis of human cancer. New York: McGraw-Hill; 2002. p. 93-113.

Bush K. Other beta-lactam antibiotics. In: Finch RG, Greenwood D, Norrby SR, Whitley RJ, editors. Antibiotic and chemotherapy: anti-infective agents and their use in therapy. 8th ed. New York: Churchill Livingstone; 2003. p. 259-78.

Apelidos Iniciais autor/es do capítulo. Título do capítulo. En: Apelidos Iniciais editores, coordinadores etc., do libro, función. Título do libro [Internet]. Edición. Lugar de publicación: Editorial; ano [data de consulta]. Páxinas inicial-final do capítulo. Dispoñible en: URL

Unha contribución nun libro en internet cítase como unha impresa, pero engadindo: 

  • A palabra [Internet] entre corchetes despois do título.
  • A data de consulta entre corchetes a continuación da data de publicación. 
  • A URL ou outro enderezo electrónico do libro precedido de  «Disponible en:», e sen puntuaciónn final agás que a URL termine con barra oblicua.

Montagnese S, Amodio P. Hepatic encephalopathy diagnosis conundrums. En: Bajaj JS, editor. Diagnosis and management of hepatic encephalopathy: a case-based guide [Internet]. Cham (Switzerland): Springer; 2018 [consultado 10 de xuño 2024]. p. 117-28. Dispoñible en: https://link.springer.com/chapter/10.1007%2F978-3-319-76798-7_8

Shrader-Frechette K. Ethical issues in environmental and occupational health. In: Jennings B, Kahn J, Mastroianni A, Parker LS, editors. Ethics and public health: model curriculum [Internet]. Washington: Association of Schools of Public Health; 2003 [cited 2006 Nov 20]. p. 159-92. Available from: http://www.asph.org/UserFiles/EthicsCurriculum.pdf