Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

EndNote

Guía sobre o xestor bibliográfico EndNote

Buscar dende EndNote

Esta función permite facer procuras en diferentes catálogos e bases de datos consultándoos dende EndNote. Non obstante, esta opción non é a máis axeitada, xa que acudir directamente ás bases de datos permite aproveitar todas as súas vantaxes coma a busca avanzada, filtros etc.
Estes son os pasos a seguir:

- En "Recopilar" preme en "Búsqueda en línea".

- Seguidamente elixe a base de datos ou catálogo onde queres facer a busca.

- Fai clic en "Conectar".

- Introduce os termos de busca e preme en "Buscar".

- Na xanela de resultados confírmao con "Recuperar".

- Os resultados apareceran no teu xestor.