Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

EndNote

Guía sobre o xestor bibliográfico EndNote

Cite While You Write

Este ferramenta permite inserir citas e bibliografía de xeito automático mentres escribes en Word, pero só está dispoñible para a versión de escritorio, non para a versión Office 365.
Para instalar o complemento preme na opción "Plug-in de Cite While Your Write" e selecciona o sistema operativo para descargalo.

Unha vez instalado aparecerá en Word unha nova lapela chamada EndNote. Preme en "Preferencias" e introduce o teu usuario e contrasinal de EndNote:

Selecciona o estilo de cita (hai dispoñibles uns 5.000 estilos). En calquera momento podes cambiar o estilo de cita, e os cambios aplicaranse no documento de forma automática:

Coloca o cursor no lugar do texto no que queiras inserir unha cita e despois preme en "Insert Citations".

Abrirase unha nova xanela na que primeiro tes que introducir o nome do cartafol co que estás a traballar e despois premer en "Find". Busca entre as túas referencias o documento que queres citar, selecciónao e insire a cita:

As citas insérense automaticamente no texto e xérase a bibliografía ao final: