Cando realices unha busca nunha base de datos ou outro recurso que non permita a exportación directa a EndNote, terás que gardar as referencias seleccionadas no teu ordenador, xeralmente nun arquivo en formato RIS.
Despois dende EndNote, na pestana "Recopilar", selecciona a opción "Importar referencias" e engade o arquivo descargado. En "Opción de importación" escolle o formato adecuado (por exemplo, RefMan RIS).

Finalmente, decide o grupo ao que queres engadir as referencias, xa sexa un existente, creando un novo ou gardándoas no cartafol "Sen arquivar".
