Calquera problema cos datos pode xerar erros nas citas e referencias, polo que é recomendable:
Revisar as referencias, mellor cando se capturan ou gardan.
Facer as adaptacións, de ser preciso, ao estilo que empreguemos (APA, Harvard, Vancouver etc.)
Como crear citas e bibliografías
EndNote, desde a pestana "Aplicar formato" permite:
Crear directamente unha bibliografía ou listaxe de referencias en diferentes formatos usando a opción "Bibliografía".
Inserir citas e xerar a bibliografía mentres escribimos un documento en Word, utilizando o "Plug-in de Cite While You Write".
Crear unha bibliografía de documentos gardados previamente no noso ordenador con formato de texto enriquecido (.rtf) coa opción "Aplicar formato al artículo".