Para traballar con EndNote hai que ter creada previamente unha conta na Web of Science (WOS). Se aínda non tes unha conta, podes rexistrarte premendo no botón "Registrarse" na páxina principal de Web of Science.

O correo electrónico e os contrasinais que empreguemos para crear a conta servirán para EndNote e a Web of Science (WOS).
Unha vez rexistrados podemos acceder a EndNote dende a propia páxina principal de Web of Science premendo en “Productos” e seleccionando "EndNote" ou ben directamente en https://access.clarivate.com/login?app=endnote.

Se xa iniciaches sesión en WOS, non necesitarás identificarte outra vez.
EndNote aparece por defecto en inglés, pero está dispoñible en varios idiomas:
