Altmetric.com é unha ferramenta dixital que recompila e analiza datos sobre o impacto social e mediático das publicacións científicas. Ofrece unha alternativa ás métricas tradicionais como o número de citas, centrando a súa atención na difusión que teñen os artigos científicos en espazos como redes sociais, blogs, medios de comunicación, Wikipedia, políticas públicas e outras fontes en liña.
Altmetric.com recolle os seus datos de máis de 20 fontes públicas en liña, que monitorean continuamente para detectar mencións a publicacións científicas. Estas mencións deben incluír un identificador único (como un DOI, PubMed ID ou URL directa) para que poidan ser rastrexadas
O Altmetric Attention Score é un número que resume canta atención recibe un artigo científico en liña, fóra do ámbito académico tradicional. Non mide a calidade do artigo, senón a cantidade e variedade de interaccións públicas que xerou.
O Altmetric Attention Score é representado cun gráfico circular de cores (coñecido como donut), que reflicte visualmente a variedade e intensidade das mencións dun artigo. Cada cor representa unha fonte distinta (por exemplo, azul para X, amarelo para blogs, vermello para noticias,etc.), e o tamaño do número indica o nivel de atención acadado.
O Almetric Attention Score é un índice ponderado: cada mención a un artigo nunha fonte pública suma puntos, pero non todas as fontes contan o mesmo. Por exemplo, unha patente reportará un valor aproximado de 8 puntos, mentres que un chío en X dunha persoa anónima achega 1 punto, o chío dun medio verificado ou institución científica achega de 2 a 3 puntos etc.

Ademais do Attention Score a plataforma Altmetric.com proporciona outros datos como:

Os datos de Altmetric.com, que miden o impacto en liña da investigación científica, aparecen integrados en múltiples espazos onde se publican ou almacenan artigos académicos. Unha das vías máis comúns para acceder a estas métricas é a través das propias páxinas dos artigos nas revistas científicas. Moitas editoriais incorporan directamente os datos de Altmetric.com, especialmente cando os artigos contan cun DOI rexistrado. Entre as editoras que amosan estas métricas destacan: Springer, Taylor & Francis, Frontiers, BMJ etc. Nestes casos, é habitual que se mostre o coñecido “Altmetric donut” á dereita do texto ou a través da opción de métricas ou almétricas.
A continuación, preséntase a modo de exemplo como se accede ás altmétricas nun capítulo do libro Handbook of Food Bioactive Ingredients de Springer.

A través da opción Altmetric accederemos aos datos de Altmetric.com

Ademais das revistas, os datos de Altmetric tamén se poden atopar en bases de datos académicas e repositorios. Por exemplo, pódense consultar os datos de Altmetric.com no repositorio institucional da Universidade de Vigo Investigo:

Tamén se poden consultar noutras ferramentas como Dimensions, unha plataforma de descubrimento e análise da investigación desenvolvida por Digital Science que integra nun único espazo diferentes tipos de información científica.
