Mendeley é unha plataforma de xestión de referencias bibliográficas e unha rede social académica que lles permite a investigadores e investigadoras organizar, compartir e descubrir os resultados das súas investigacións. Foi desenvolvida inicialmente como unha ferramenta para xestionar documentos en PDF e crear bibliografías, pero co tempo incorporou funcionalidades sociais e métricas alternativas.
Mendeley permite obter as seguintes altmétricas:

Distribución por disciplina: Mendeley pode indicar que porcentaxe das persoas lectoras pertencen a diferentes áreas do coñecemento (por exemplo medicina, enxeñaría, ciencias sociais etc.).

Distribución por nivel académico: as persoas rexistradas en Mendeley clasifícanse por nivel académico (estudantado de grao, de doutoramento, profesorado, persoal investigador etc.), e isto permite ver quen está lendo o artigo.

Localización de datos de PlumX (non sempre dispoñible).
