PlumX é unha ferramenta desenvolvida por Plum Analytics, actualmente parte de Elsevier, que proporciona métricas alternativas para avaliar o impacto da produción científica máis aló das citas tradicionais.
O Plum Print o cirola métrica é unha representación visual que resume o impacto dunha publicación científica a través das cinco categorías de métricas de PlumX.

Funciona como un gráfico tipo "rosco" ou donut chart, con cinco seccións de cores distintas, cada unha correspondente a un tipo de métrica:
🟠Citas: inclúe tanto as citas tradicionais en artigos académicos como aquelas que reflicten un impacto social, como citas en políticas públicas ou patentes.
🔵Uso: mide a frecuencia con que se accede ou utiliza unha obra, por exemplo, mediante descargas, visualizacións ou reproducións de vídeos.
🟣Capturas: indican que alguén desexa gardar ou volver ao traballo, como marcadores, favoritos ou lectores en plataformas como Mendeley.
🔴Mencións: reflicten a atención que recibe a investigación en medios como blogs, noticias ou Wikipedia.
🟢Redes sociais: rexistran a actividade en plataformas como X ou Facebook, incluíndo comparticións, "gústames" e comentarios.
O tamaño de cada segmento indica a proporción relativa de actividade en cada categoría. Por exemplo:
Un segmento azul moi grande indica que o artigo tivo moitas visualizacións ou descargas.
Se case non hai verde, tivo pouco ou ningún impacto nas redes sociais.
Non todos os artigos teñen métricas PlumX visibles. Para que un documento teña métricas PlumX é necesario que teña un identificador (DOI, ISBN…), estea indexado por PlumX e a plataforma onde se publica teña integración con PlumX.
As métricas de PlumX poden consultarse en varios lugares: Elsevier (ScientDirect), Scopus, algúns repositorios etc.
Pasos para ver as métricas PlumX en Scopus:

Preme no enlace "View PlumX details"

Abrirase unha páxina máis detallada con datos específicos para cada categoría (por exemplo, citas, policiy citations, interaccións sociais etc.).