Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Altmétricas ou métricas alternativas

Researchgate

ResearchGate é unha rede social académica e unha plataforma en liña deseñada para facilitar a comunicación e a colaboración entre persoas investigadoras, científicas e persoal académico de todo o mundo. Permite crear perfís profesionais, compartir publicacións científicas, formular preguntas, participar en discusións e establecer conexións con outras persoas do mesmo ámbito de investigación.

Un dos aspectos máis destacados de ResearchGate é o uso de indicadores métricos que permiten medir a actividade e o impacto dos investigadores e das investigadoras e as súas publicacións dentro da plataforma.

 

Estes son os indicadores máis relevantes que ofrece Researchgate:

  • Research Interest Score: é un indicador de ResearchGate que reflicte o nivel de interese que xera a investigación na comunidade científica rexistrada en Researchgate. Calcúlase a partir de interaccións recentes como lecturas, descargas, citas e recomendacións das publicacións compartidas na plataforma. Este valor mide a visibilidade e o impacto recente do traballo dunha persoa investigadora. 

 

  • Citas (Citations): ResearchGate tamén recolle o número de citas que reciben as publicacións noutras publicacións rexistradas. 

 

  • Recomendacións (Recommendations): outras persoas rexistradas poden recomendar publicacións, o que mellora a súa visibilidade dentro da rede e pode contribuír, en menor medida, ao RG Score.

 

  • Lecturas (Reads): este indicador mostra cantas veces outras persoas rexistradas accederon ao contido dun investigador/a, xa sexa lendo o resumo dun artigo ou descargando o documento completo. É unha medida do interese que xera o traballo publicado.