Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Altmétricas ou métricas alternativas

Tipos

Mencións en redes sociais: reflicten a difusión inmediata e o interese popular.

  • X: retuits, mencions, ligazóns ao artigo
  • Facebook, LinkedIn, Mastodon: comparticións, comentarios
  • Reddit: discusións sobre o artigo
  • YouTube/TikTok: se o artigo é comentado en vídeos
  • Bluesky: retuits, mencións, ligazóns

Cobertura nos medios de comunicación: indica o impacto social e a relevancia pública.

  • Noticias en xornais, revistas dixitais
  • Aparicións en podcast ou televisión
  • Citas en medios especializados non académicos

Mencións en blogs e wikis: amosan o impacto en círculos informais ou educativos.

  • Blogs científicos ou divulgativos
  • Wikipedia (se o artigo é citado como referencia)
  • Foros especializados (como StackExchange)

Uso en xestores de referencias e lectura: indican interese e utilidade para investigadores.

  • Mendeley: número de lectores que gardaron o artigo
  • Zotero, EndNote: gardas e comparticións
  • Descargas de PDF, visitas ao artigo

Impacto en políticas públicas ou documentos institucionais: revela aplicacións prácticas ou influencia fóra da academia.

  • Citacións en informes de gobernos, ONGs, axencias internacionais
  • Referencias en documentos técnicos ou lexislativos

Interaccións comunitarias e academicas abertas: reflicten discusións e avaliacións públicas da ciencia.

  • Comentarios en plataformas como PubPeer ou F1000
  • Avaliación post-publicación
  • Participación en revisión aberta por pares

Métricas de uso e distribución: miden o consumo directo do contido.

  • Número de descargas
  • Visualizacións de páxina
  • Enlaces dende outras webs (backlinks)