Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo MLA

Referencias de artigos de revistas

Apelido(s), Nome. "Título do artigo entre comiñas." Título da revista en cursiva, vol., nº, Ano de publicación, Páxinas (p. / pp.).
  • As maiúsculas nos títulos dos artigos e revistas deben seguir as normas ortográficas da língua na que estean escritas.
  • O número das páxinas é opcional e, no caso de engadilo, irá precedido de p. ou pp.

Exemplos:

Connolly de Pernas, Eduardo. “Guillermo Brown o la acracia infantil.” Hibris, nº 15, 2003, pp. 32-39

Hujoel, Isabel A., Norelle R. Reilly, and Alberto Rubio-Tapia. "Celiac Disease: Clinical Features and Diagnosis." Gastroenterology Clinics of North America, vol. 48, nº 1, 2019, pp. 19-37.

Apelido(s), Nome. "Título do artigo." Título da revista en cursiva, Nome e apelido(s) doutros colaboradores (se os hai), vol., nº, Data de publicación, Páxinas (p. / pp.). DOI ou URL
  • As maiúsculas nos títulos dos artigos e revistas deben seguir as normas ortográficas da língua na que estean escritas.
  • Nos documentos con DOI este inclúese sempre. Se un traballo ten DOI e URL, inclúese só o DOI. O formato será https://doi.org/xxxxx, con hipervínculo e non leva punto ao final.
  • Se o artigo non ten DOI pero ten unha URL que permita ao lector acceder ao texto completo, inclúese a URL do artigo ao final da referencia.
  • Non empregar ferramentas para acurtar URLs. No caso de URLs de máis de 3 liñas completas, debe truncarse incluíndo o host

Exemplo:

Roberts, R., et al. "Optical and Radiocarbon Dating at Jinmium Rock Shelter in Northern Australia." Nature, vol. 393, no. 6683, 1998, pp. 358-362. https://doi.org/10.1038/30718