Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo MLA

A listaxe de referencias

  • Debe incluír os recursos que se utilizaron na realización do traballo, de xeito que cada cita no texto teña a súa correspondente referencia na lista final.
  • A relación de referencias debe estar ordenada alfabeticamente por autor/a.
  • Se citamos 2 ou máis obras da mesma persoa, na segunda e sucesivas referencias substituímos o apelido e o nome por 3 guións que indican que é o mesmo autor da entrada anterior.
  • A lista da bibliografía debe elaborarse usando “sangría francesa” ou “hanging indention”: a segunda e seguintes líneas de cada referencia levan unha sangría de ½ pulgada (1’27 cm) dende a marxe esquerda. 

Exemplo:

Bockelman, Brian. “Buenos Aires Bohème: Argentina and the Transatlantic Bohemian Renaissance, 1809-1910.” Modernism/Modernity, vol. 23, no. 1, Jan. 2016, pp. 37-63. Project Muse, https://doi.org/10.1353/mod.2016.0011.

Bordons, María e Mª Ángeles Zulueta. "Evaluación de la actividad científica a través de indicadores bibliométricos." Revista española de cardiología, vol. 52, nº 10, 1999, pp. 790-800. https://doi.org/10.1016/S0300-8932(99)75008-6.

Caro, Robert A. The Passage of Power. Vintage Books, 2012. Vol. 4 de The Years of Lyndon Johnson.

Dorris, Michael, and Louise Erdrich. The Crown of Columbus. HarperCollins Publishers, 1999.

Litvak, Lily. “La buena nueva: Cultura y prensa anarquista (1880-1913).” Revista de occidente, vol. 304, 2006, pp. 5-18.

Stendhal. The Red and The Black. Traducido por Roger Gard, Penguin Books, 2002.

Tibullus. “How to Be Tibullus.” Traducido por David Wray. Chicago Review, vol. 48, no. 4, 2002-03, pp. 102-06.