Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo MLA

Referencias de capítulos de libros

Apelido (s), Nome do autor da parte. "Título do capítulo, ponencia, parte entre comiñas." Título da obra colectiva en cursiva, Directores, compiladores, editores da obra, Editorial, Ano, páxinas opcional (p. / pp.)
  • A referencia comeza cos datos da parte.
  • O lugar de publicación, agás excepcións, é opcional.
  • As ponencias publicadas dentro das actas dun congreso, trátanse como capítulos de libro. 

Exemplos:

Fernández Rei, Elisa. “O estándard prosódico.” Norma lingüística e variación: Unha perspectiva desde o idioma galego, editada por Rosario Álvarez e Henrique Monteagudo. Consello da Cultura  Galega, 2005, pp. 97-125.

Noia Campos, María Camino. “Los Elementos Literarios Femeninos Na Poesía de Rosalía Castro.” Actas Do Congreso Internacional de Estudios Sobre Rosalía de Castro e o Seu Tempo, Santiago, 15-20 de Xullo 1985, vol. I, 1986, pp. 265–281.

Sinclair, John. "Corpora for Lexicography." A Practical Guide to Lexicography, edited by Piet van Sterkenburg. John Benjamins Publishing Company, 2003, pp. 167-178.

 

Apelido (s), Nome do autor da parte. "Título do capítulo, ponencia, parte entre comiñas." Título da obra colectiva en cursiva, Directores, compiladores, editores da obra (en orde directa), Editorial, Ano, páxinas opcional (p. / pp.). Nome do sitio web ou base de datos. DOI ou URL
  • Os elementos son os mesmos que para os documentos impresos, engadindo o DOI ou a URL.
  • Só incluímos URL no caso de que esta leve a un recurso aberto ao documento para que poida ser consultado sen necesidade de subscrición.

Exemplo:

Gómez Guinovart, Xavier. "A lingua galega en Internet após dúas décadas." Estudos sobre gramática e sociolingüística galego-portuguesas, Editado por Xosé Manuel Sánchez Rei, Universidade da Coruña, Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística, 2021. DIALNET, https://dialnet.unirioja.es/servlet/extart?codigo=8618100.