Os datos para a elaboración da referencia bibliográfica obteranse do documento ao que se refire, sempre que sexa posible.
Transcribiremos os datos do documento citado na forma e idioma no que aparecen, pero tendo en conta que algúns elementos podemos adaptalos á lingua empregada na redacción do noso traballo.
- Escríbense comezando polos apelidos, despois unha coma e o nome:
Castro Domínguez, Xavier
- Se o documento ten 2 autores, sepáranse por unha coma e o segundo autor vai en orde directa e precedido de "e" ("y", "and" segundo a lingua na que redactemos o documento):
Arxóns Álvarez, Mª Dolores, e Xavier Castro Domínguez
- Se o documento ten 3 ou máis autores, consta o primeiro seguido de coma "et al."
Wysocki, Anne Frances, et al.
- Se é unha edición especial, comentada etc. cómpre engadir o nome do editor despois do título precedido de Editado por / Edited by.
Austen, Jane. Sense and sensibility. Edited by Claudia Johnson. New York: Norton, 2001
- Se se desexa incluír o tradutor/a, faremos o mesmo:
Homero. A Ilíada. Traducido por Evaristo de Sela. Consello da Cultura Galega, 1990.
- Cando o traballo está centrado na tradución, o tradutor tómase como autor:
Sela, Evaristo de, tradutor. A Iliada. Por Homero, Consello da Cultura Galega, 1990.
- Se é unha obra colectiva con director, coordinador, editor (non confundas o editor literario da obra coa editorial que a publica):
Álvarez, Rosario, e Henrique Monteagudo, editores. Norma lingüística e variación: Unha perspectiva desde o idioma galego. Consello da Cultura Galega, 2005.