Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo MLA

Referencias de teses

Autor/a. Título da tese: Subtítulo. Ano. Universidade, Tese de doutoramento
  • MLA, 9ª ed. non distingue entre tese publicada ou non publicada. 
  • Para citar unha tese faremos constar o autor ou autora, o título e a data de publicación como elementos principais. Opcionalmente poremos o nome da institución que outorga o título e unha descrición do tipo de documento.

Exemplo:

Longarela López, María Elena. Evolución de las grandes escuelas químicas. 1998. Universidade de Vigo, Tese de doutoramento.

Autor/a. Título da tese: Subtítulo. Ano. Universidade, Tese de doutoramento. Repositorio, Enlace permanente.
  • MLA, 9ª ed. non distingue entre tese publicada ou non publicada. 
  • Para citar unha tese faremos constar o autor ou autora, o título e a data de publicación como elementos principais. Opcionalmente poremos o nome da institución que outorga o título e unha descrición do tipo de documento.
  • Se a tese está incluída nun repositorio, incluirémolo e engadiremos a ligazón permanente. 
  • A URL só se inclúe se permite acceder ao texto completo; se non, remata a referencia co nome da fonte.

Exemplo:

Brea Castro, Millán. A Casa da Xuventude de Ourense como experiencia histórica de educación social: 1978-1992. 2015. Universidade de Vigo, Tese doutoral. Investigo, hdl.handle.net/11093/244.