Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Estilo MLA

Referencias de libros

Apelidos(s), Nome do autor. Título do libro en cursiva: Subtítulo se o ten. Edición se a temos e non é a 1ª, Editorial, Ano de publicación.
  • O lugar de publicación é opcional agás nos seguintes casos: obras anteriores a 1900 ou editoriais con oficinas en varios países que fan versións distintas dunha mesma obra.
  • Para o uso das maiúsculas nos títulos empréganse as normas ortográficas do idioma no que estea escrita a obra.

Exemplos:

Sarille, Xosé Manuel. A impostura e  a desorientación na normalización lingüística. Candeia, 2007.

Arxóns Álvarez, Mª Dolores, e Xavier Castro Domínguez. Antón Avilés de Taramancos: Vida e obra. Edicións Xerais de Galicia, 2003.

Wysocki, Anne Frances, et al. Writing New Media: Theory and Applications for Expanding the Teaching of Composition. Utah State UP, 2004.

 

Apelido(s), Nome do autor. Título do libro: Subtítulo se o ten. Edición se a temos e non é a 1ª, Editorial, Ano de publicación, Nome do sitio web ou base de datos. DOI ou URL
  • O lugar de publicación é opcional agás nos seguintes casos: obras anteriores a 1900 ou editoriais con oficinas en varios países que fan versións distintas dunha mesma obra.
  • A data de publicación dun libro electrónico pode aparecer na páxina de copyright, xeralmente ao principio ou ao final do libro. 
  • Só incluímos URL no caso de que esta leve a un recurso aberto ao documento para que poida ser consultado sen necesidade de subscrición.
  • No caso de engadir URL, é opcional incluír http:// ou https://

Exemplos:

Boehmer, Elleke. Stories of Women: Gender and Narrative in the Postcolonial Nation. Manchester University Press, 2005. JSTOR.

Antonucci, Fausta, et al. El siglo de Oro en escena  : Homenaje a Marc Vitse. Presses universitaires du Midi, 2019, https://directory.doabooks.org/handle/20.500.12854/46096.