Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Dimensions

Acceder aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) na base de datos Dimensions é bastante máis sinxelo e directo que en Scopus ou Web of Science, porque Dimensions integra os ODS como parte do seu sistema de filtrado e análise.

Para localizar artigos relacionados cos ODS en Dimensions:

  • Accede a  Dimensions
  • Na barra principal, introduce un termo de interese ou deixa baleiro para explorar todo o contido

 

  • Unha vez obtidos os resultados:

♦Na parte esquerda da pantalla (barra de filtros), busca a sección chamada "Research Categories" e selecciona "Sustainable Development Goals (SDGs)".

 

♦Alí verás unha lista co número de artigos asociados a cada ODS (ex: SDG 3: Good Health and Well-being, SDG 13: Climate Action...). 

 

♦Podes facer clic no ODS que che interese -hay que lembrar premer a opción "filtrar"- para seleccionar os resultados e quedar só cos artigos relacionados con un ODS en particular. Tamén se pode seguir filtrando por un autor, ano de investigación, tipo de publicación, etc. para acotar os resultados

Buscar ODS nun artigo determinado

  • Buscar un artigo determinado na caixa de busca de Dimensions

 

  • Preme sobre o título do artigo para acceder a toda a información do mesmo.

 

  • A información sobre ODS aparecerán na dereita da ficha do artigo, debaixo de "Research categories".

 

Dimensions ofrece un acceso moi accesible e intuitivo aos ODS, tanto desde os filtros como dentro dos detalles de cada publicación. É especialmente útil para investigadores que queren ver a aplicación práctica da súa área de estudo aos ODS, ou para quen necesita informes ou evidencias sobre a produción científica en desenvolvemento sostible.