Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Scopus

Localizar artigos relacionados cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) en Scopus tamén é posible, aínda que, do mesmo xeito que en Web of Science, non existe un filtro directo nativo dispoñible en todas as contas. A principal maneira de identificar publicacións sobre os ODS consiste no uso de consultas (queries) baseadas en palabras clave e termos específicos asociados a cada obxectivo.

Porén, SciVal, que tamén emprega datos de Scopus, ofrece ferramentas máis avanzadas para o seu análise. Esta plataforma permite filtrar directamente por ODS, visualizar tendencias, comparar institucións e realizar análises máis detalladas e actualizadas.

Así, para consultas específicas e unha análise en profundidade sobre os ODS, resulta máis recomendable utilizar SciVal en lugar de limitarse unicamente a Scopus.