Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Scival

Consultar os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sostible) en SciVal é unha das formas máis completas e visuais de analizar a investigación científica vinculada a estes obxectivos. SciVal, desenvolvido por Elsevier, permite ver como autores, institucións, países ou áreas temáticas contribúen a cada ODS, con datos extraídos principalmente de Scopus.

Elsevier desenvolveu un sistema automático (text mining + machine learning) que asigna artigos a un ou varios ODS usando palabras clave, contexto e modelos algorítmicos. 

  • Accede a SciVal
  • Selecciona o módulo "Compare"

 

  • Na parte superior da interface configura os filtros:
    • Período temporal: selecciona os anos que queres consultar.
    • Campo temático: fai clic en ASJC. 

 

Abrirase un despregable donde debes seleccionar a opción "SDGs" e premer en "Select" para que na opción "All subject areas" se recollan os ODS.

 

  • Selecciona o ODS de interese
    • Dentro da lista de ODS, escolle o que desexes analizar despregando "All subject areas"
      Exemplo: "SDG 3 – Good Health and Well-being".

    • Fai clic en “Seleccionar”.

 

  • Engade entidades para comparar
    • Preme en “+ Add entities to table”.

    • Podes engadir: Unha ou varias institucións, investigadores/as individuais, países, rexións, ou grupos de investigación.

 

  • Mostrarase os resultados para o ODS seleccionado en función dos anos elexidos. Premendo sobre o total de publicacións de cada ano accederemos á información sobre cada un dos documentos

 

  • Explora os ODS relacionados por artigo
    • No panel esquerdo, podes expandir o menú “SDGs” dentro do explorador de documentos.

    • Así poderás ver con que outros ODS se relaciona cada artigo, ofrecendo unha visión máis ampla da súa contribución aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.