Scopus está incorporando progresivamente a capacidade de identificar investigación relacionada cos ODS. Para iso, creou estratexias de busca predefinidas que permiten localizar publicacións vinculadas a cada un dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
Este proceso desenvólvese mediante queries, expresións complexas que combinan termos clave, sinónimos e campos de metadatos (título, resumo e palabras clave).
Scopus publica estas queries de forma aberta e actualízaas periodicamente. Pódense descargar directamente desde aquí: Elsevier SDG Search Queries
Nesa páxina atoparás:
Un ficheiro Excel ou PDF con todas as 17 queries.
Información de uso e metodoloxía.
Estes son os pasos para realizar un busca de ODS mediante as queries de Scopus:
Paso 1: Accede a Scopus
Paso 2: Localiza a busca avanzada
Preme en Advanced Documento Search.

Paso 3: Copia a query
Na páxina de Elsevier localiza o ODS que che interese, descarga e copia todo o bloque de texto.

Paso 4: Pégaa en Scopus e preme en "Search"

Paso 5: Valora os resultados

Paso 6: Refina os resultados
Podes engadir filtros por ano de publicación, autor, área temática, país ou tipo de documento




⚠️ Non todos os artigos están etiquetados con ODS, só aqueles que a editorial identificou mediante algoritmos e análise de contido.