A forma máis sinxela de identificar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) asociados a un artigo científico dun membro da comunidade universitaria da UVigo é a través do Portal de Investigación. Unha vez dentro do portal, abonda con localizar o artigo e acceder á súa ficha completa. No rexistro do artigo, se este está vinculado a algún dos ODS, aparecerán claramente indicados mediante os correspondentes íconos e nomes dos obxectivos.
Estos son os pasos que debes seguir:
- Accede ao Portal de investigación da Universidade de Vigo
- Na páxina principal do portal, localiza e preme na opción “Investigadores”. No campo de busca, introduce o nome e apelidos da persoa que desexas consultar. O sistema amosará unha lista de coincidencias. Unha vez atopado o investigador ou investigadora, preme sobre o seu nome para acceder ao seu perfil público dentro do portal.

- No perfil verás varias pestanas ou seccións. Selecciona a opción “Publicacións” para ver a súa produción científica.

- Revisa a lista de publicacións e selecciona o artigo concreto que queres consultar premendo no seu título.

- Ao abrir a ficha do artigo, se está vinculado a algún dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, aparecerán reflectidos de forma visible mediante os íconos e nomes correspondentes (por exemplo: ODS 3 – Saúde e benestar, ODS 9 – Industria, innovación e infraestrutura, etc.).
