Ir ao contido principal
BIBLIOGUÍAS
Universidade de Vigo

Citar e referenciar

Datos dunha referencia

Unha referencia bibliográfica é a descrición completa do documento citado no texto, cos datos esenciais que permitan identificalo inequivocamente para que o lector/a poida localizar o texto que se cita.

En xeral, todas as referencias constan de catro elementos: autor, data, título e fonte; cada un destes elementos responde a unha pregunta:

  •      Autor: quen é o responsable do traballo?
  •      Data: cando se publicou?
  •      Título: como se chama o traballo?
  •      Fonte: onde está publicado ou se pode recuperar?

Cos datos correspondentes a estes elementos elaboraremos as referencias, seguindo as pautas do estilo que empreguemos (APA, IEEE, Harvard etc.). 

Listaxe de referencias

A listaxe de referencias final inclúe os recursos que se citaron, de xeito que cada cita no texto teña a súa correspondente referencia bibliográfica na lista final.
O estilo que empreguemos determinará o sistema (alfabético ou numérico) e as normas para ordenar as referencias.