A citación correcta faise mediante unha cita no texto, que se corresponde cunha referencia bibliográfica que identifica a fonte de onde se extraeu a información.
Entendemos por:
Existen tres sistemas para relacionar as citas dentro do texto e as súas correspondentes referencias: Autor-Data, Numérico e Notas.
Na cita no texto indícanse os autores e o ano de publicación do documento citado:
Este tipo de probas psicolóxicas tivo unha ampla aceptación, sendo aínda na actualidade empregado en diversas investigacións (Baldacchino, 2019), así como en metodoloxías de desenvolvemento emocional desde a área de educación (Hammer et al., 2017).
A listaxe de referencias ordénase por orde alfabética:

As citas no texto realízanse inserindo unha secuencia de números (poden ir entre paréntese, corchetes ou coma superíndices) e refírense aos recursos na orde en que se citan por primeira vez:
Moitos autores atribúen á tecnoloxía un papel importante no sector educativo [1]. No futuro, Internet e outras tecnoloxías da información promoverán melloras na educación [2]. Ademais, a aprendizaxe dixital axudará a dar resposta aos retos da sociedade do coñecemento e a unha formación máis eficaz [3].
A listaxe de referencias ordénase segundo o mesmo número co que se indicaron dentro do texto:
A cita no texto faise cunha chamada dentro do texto mediante números, e estes números repítense como nota ao pé de páxina seguidos da referencia bibliográfica.

A listaxe de referencias vai ao final do documento en orde alfabética con todas as referencias bibliográficas mencionadas nas notas ao pé de páxina.
